An Alfaya 'conxura' os seres míticos de Begoña Caamaño

A RAG arrinca a programación infantil do Día das Letras

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaDía das Letras Galegas 2026
Compartir:
Portada da obra de teatro

Portada da obra de teatro

A Real Academia Galega presentou esta mañá no CEIP O Pombal do barrio vigués do Calvario a programación infantil que a academia deseñou para facer visible a Begoña Caamaño, a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026, chamada Primavera das Letras. A escritora An Alfaya e a ilustradora Laura Romero foron as responsables de crear o conto Uuu-uuu, Begoña! (Teatro para a infancia cun lanzamento, tres lances e un desenlance, xa descargable no web do programa Primavera das letras. No conto temos curuxas, Morgana, Circe, Merlín, a cantareira Uxía e a propia Begoña Caamaño. 

“Escollemos unha escola do barrio do Calvario, o territorio vital da infancia de Begoña Caamaño, para abrirmos o noso calendario de celebracións das Letras Galegas 2026 porque a semente, o presente e o futuro da nosa lingua e da nosa literatura reside en boa medida en espazos coma estes”, destacou Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega. 

O texto orixinal de An Alfaya transcorre na véspera do 17 de maio entre dous mundos, O Bosque do Aquén e o Bosque do Alén, e constitúe unha aventura na que Begoña Caamaño contará coa axuda das protagonistas das súas dúas novelas, Circe ou o pracer do azul (2009) e Morgana en Esmelle (2012), para poñer a salvo un cofre máxico que agocha o gran tesouro das Letras Galegas 2026. “Aínda que curta, a obra literaria de Begoña Caamaño foi absolutamente renovadora no panorama galego. Deulles a volta aos mitos, nos que os heroes eran sempre os homes, e contounos dándolles voz ás mulleres. Por iso tiven claro desde o principio que nesta obra tiña que haber unha comuñón entre a creadora e as súas creacións, para que saiban quen eran Circe e Morgana, para que se fagan preguntas”, expón An Alfaya.
 

Que che parece esta nova?
154 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Begoña Caamaño, An Alfaya, Real Academia Galega, Laura Romero...