Das catro propostas deste ano era a única muller e a de máis recente desaparición, e por ela decantouse hoxe o pleno da Real Academia Galega para dedicarlle o Día das Letras Galegas do 2026. A xornalista e escritora Begoña Caamaño (Vigo, 1964 - Santiago de Compostela, 2014), deixou tras de sí un forte impacto na cultura galega con apenas dúas novelas publicadas: 'Circe ou ou pracer do azul' (Galaxia, 2009) e 'Morgana en Esmelle' (Galaxia, 2012). Esta derradeira valeulle un palmarés propio co Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores; Premio da Crítica estatal; Premio á mellor obra narrativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega e Premio Antón Losada Diéguez de Creación Literaria. Nos últimos tempos preparaba unha terceira novela con outra muller como protagonista, Sherezade, ademais do proxecto de novelar a vida da súa bisavoa.
Como xornalista desenvolvía na Radio Galega a través de programas como "Diario Cultural", "Andando a Terra", "Club Cultura" e "Expreso de Medianoite". Activista a prol da igualdade e dos dereitos da muller, ademais de outras moitas causas, a súa perspectiva feminista fixo dela un referente ata o punto de darlle o seu nome ao Premio Begoña Caamaño da Deputación Provincial da Coruña que recoñece as persoas e iniciativas culturais e artísticas que promoven socialmente a igualdade de xénero desde o campo da cultura.
Comunicado da RAG
A RAG celebrará a narradora "nun momento en que urxe reconstruír o espazo dun xornalismo para a cidadanía, comprometido coa verdade e co uso do galego. Coa lembranza de Begoña Caamaño, as Letras 2026 serán unha festa asomada á contemporaneidade, á pulsión do presente e á ollada feminista que vertebrou o seu pensamento, o seu traballo intelectual e a súa biografía", segundo explica a RAG nun comunicado. "Literatura e xornalismo son na autora instrumentos para o coñecemento, outra forma de reflexión e acción, desde o rigor do saber, o estimulante exercicio da razón e a complicidade da maxia e dos soños", reza o texto da candidatura aprobada. "A figura de Begoña Caamaño dialoga hoxe cunha parte moi activa da profesión xornalística e literaria, traslada outra experiencia de ambas as dúas. Cómplice dese tecido de voces que é a literatura, coma colchas tecidas con retallos, voz coral na que se recoñece, entrégase á narrativa sen desoír a interrogación da xornalista e a esixencia da lectora", prosegue.