Galaxia reedita as novelas de Begoña Caamaño

A editorial adianta novas publicacións dedicadas á protagonista do Día das Letras de 2026

15/1/2026 | Santiago. Redacción | Seccións: literaturaDía das Letras Galegas 2026
79 lecturas | Compartido 0 veces

Imaxe promocional dos lanzamentos de Begoña Caamaño. Fonte: Editorial Galaxia

Co comezo de 2026, a editorial Galaxia anuncia a reedición das dúas novelas de Begoña Caamaño, publicadas orixinalmente con esta firma. Morgana en Esmelle e Circe ou o pracer do azul están xa dispoñibles no web da editora e nas librarías de todo o país cun novo formato. A coincidir con estes lanzamentos, o web da editora pon tamén a disposición do público, en formato pdf, senllas guías de lectura dedicadas a estas novelas, ás que suma unha terceira sobre a autora orientada ás Probas de Acceso á Universidade.
Canda a estes, Galaxia adianta a vindeira presentación de novos volumes dedicados á vida e á obra da autora, a incluír unha biografía escrita por Ana Romaní e Chus Nogueira e un volume sobre o seu traballo xornalístico a cargo de María Xosé Porteiro. De próximo lanzamento será o libro ilustrado con textos de Ramón Nicolás sobre a infancia da autora. Nos vindeiros meses Iria Collazo correrá coa autoría dun libro arredor de Caamaño para público infantil e Paula Carballeira achegará unha proposta teatral sobre a homenaxeada polo Día das Letras.

Universo culturagalega.gal

Contextos