Morgana en Esmelle, o libro de ficción máis valorado de 2012 polos editores galegos

A asociación celebrou o venres a anual Noite da Edición

A novela Morgana en Esmelle (Galaxia), de Begoña Caamaño, foi o libro de ficción mellor valorado polo xurado nomeado pola Asociación Galega de Editores para outorgar os seus premios anuais. O libro de non ficción premiado foi O rastro que deixamos(Xerais), de Agustín Fernández Paz, e o mellor libro de poesía ou teatro foi para Os ángulos da brasa (Kalandraka), de Manuel Torneiro. Pola súa banda, o premio a un escritor ou colectivo en lingua galega pola súa traxectoria foi para Fina Casalderrey e o premio á difusión do ámbito editorial e cultural do ano 2012 foi para a Fundación Penzol.

PREMIADOS (lista procedente de editoresgalegos.org

Premio Ánxel Casal ó Libro de ficción

Morgana en Esmelle, editado por Galaxia, de Begoña Caamaño

Premio Ánxel Casal ó libro de non ficción

O rastro que deixamos, editado por Xerais, de Agustín Fernández Paz

Premio Ánxel Casal ó Libro de poesia ou teatro

Os ángulos da brasa, editado por Kalandraka Editora, de Manuel Torneiro.

Premio Isaac Díaz Pardo libro ilustrado

Cartas de inverno. Novela gráfica, editado por Xerais, ilustrado por Antonio Seixas.

Premio Neira Vilas ao mellor libro infantil e xuvenil

O corazón de Xúpiter, editado por Xerais, de Ledicia Costas.

Premio Lois Tobio o libro traducido

Alén das fronteiras: sete poetas vascos, editado por Kalandraka, traducido por Isaac Xuvin.

Premio Xosefa Vilarelle ó libro educativo

Peixes. Cociña Infantil. Editado por Ouvirmos, de varios autores.

Premio Xosé María Álvarez Blázquez

Fina Casalderrey

Premio Rosalía de Castro á mellor iniciativa editorial co que se pretende recoñecer o traballo editorial durante o ano 2012

OQO films

Premio Francisco Fernández del Riego á difusión do ámbito editorial e cultural do ano 2012

Fundación Penzol