Manuel Rivas leva o premio dos editores ao mellor libro de Ficción

Os galardóns entregáronse sábado en Lugo durante a Noite da Edición

A VI Noite da Edición en Galicia serviu para dar a coñecer os gañadores dos galardóns anuais da Asociación de Editores. Todo é silencio, de Manuel Rivas, gañou o premio ao mellor Libro de Ficción, mentres na categoría de non ficción foi Construtores, de Xulio Gütierrez e Nicolás Fernández o gañador. Xosé Neira Vilas foi considerado polo xurado como o autor do ano. Estremas de Ana Romaní en Poesía, Contos para nenos que dormen deseguida de Pinto e Chinto en literatura infantil e xuvenil, e a colección Rodibrico, de Xosé Tomás, en libro ilustrado foron outros dos galardoados. A Asociación Culturgal levou o premio á iniciativa editorial de 2010.

Listaxe dos premiados na VI Noite da Edición

Premio Ánxel Casal ao Libro de ficción do ano 2010: Todo é silencio, editado por Edicións Xerais, de Manuel Rivas.

Premio Ánxel Casal ao Libro de non ficción do 2010: Construtores, editado por Kalandraka Editora, de Xulio Gütierrez e Nicolás Fernández

Premio Ánxel Casal ao Libro de poesía e teatro: Estremas, editado pola Editorial Galaxia, de Ana Romaní.

Premio Xosé Neira Vilas ao Libro infantil e xuvenil 2010: Contos para nenos que dormen deseguida, editado por Kalandraka Editora, de Pinto &Chinto.

Premio Lois Tobío ao Libro traducido do 2010 : 30 gramos, editado por Alvarellos Editora, traducido por Ramón Nicolás.

Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro ilustrado do ano 2010: A colección Rodribrico, editada por Baía Edicións, ilustrada por Xosé Tomás.

Premio Xosefa Vilarelle ao Libro educativo do ano 2010: Gramática práctica galega, editado por Baía Edicións, de Xoán López Viñas e outros.

Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor ou autora do ano 2010: Xosé Neira Vilas.

Premio Rosalía de Castro á iniciativa editorial 2010 : ASOCIACIÓN CULTURGAL, iniciativa do sector editorial galego consolidada e formalizada no ano 2010 como entidade asociativa responsable da Feira das Industrias Culturais de Galicia.