O editores fan públicos os finalistas da Noite da Edición

Espazo Lectura faise co premio á mellor iniciativa no ámbito do libro

Os Premios da Edición 2010, que outorga a Asociación Galega de Editores, xa teñen finalistas. Entre outras categorías, aspiran ao premio a autor do ano Xosé Neira Vilas, Pepe Carreiro e Marcos Calveiro. Pola súa banda, a iniciativa Espazo Lectura foi recoñecida polo gremio como a mellor iniciativa no ámbito do libro de 2010. Os galardóns entregaranse no transcurso da VI Noite da Edición, que se celebrará na Deputación de Lugo o vindeiro 12 de marzo a partir das 20 horas. No evento nomearase socio de honra da AGE a Afonso García Sanmartín, antigo presidente da asociación, e renderáselle unha homenaxe ao falecido Xosé Agrelo Hermo, da Editorial Toxosoutos, así como a Ir Indo e Hércules de Edición, que cumpren 25 anos.

************* Listado de candidatos aos premios Ánxel Casal.
Fonte: Asociación Galega de Editores *************

Os candidatos o Premio Ánxel Casal Ficción son “30 gramos” de Leonel Moura editado por Alvarellos; “Violeta Tamurana” de Baía Edicións da autora Andrea Maceiras e “Todo é silencio” de Manuel Rivas editado por Xerais

Na categoría de Ánxel Casal non ficción os elexidos son
"Guía secreta da gastronomía de Galicia: Ourense” de Martín Alvarez editado por
Alvarellos; a obra de Elvira Fuente Gómez “Parir a liberdade: O
movemento feminista de Galicia” tamén de Alvarellos e “Constructores”
de Xulio Gütierrez e Nicolás Fernández editado por Kalandraka.

Os mellores Libros de Poesía ou Teatro do Premio Ánxel Casal son
“Estremas” de Ana Romaní e Editorial Galaxia; a obra de X.María Álvarez
Cáccamo “De sombras e poemas que son casas” por Edicións do Cumio;
“ Unha tempada no paraíso” de Claudio R.Fer, e duas obras de Lois
Pereiro editadas por Positivas, “Poesía última de amor e enfermidade” e
“Poemas”.

As candidaturas o Premio Xosé Neira Vilas ao libro infantil e xuvenil
so “Contos para nenos que dormen deseguida” de Pinto&Chinto editado
por Kalandraka; “Taneke a princesa das bruxas” de Ana Leyssen da
editorial Linteo e “Tic Tac”, escrita por Marc Taeger e tamén editado por
Kalandraka.

Os catro seleccionados para pasar a segunda ronda dos Premios
Xosefa Iglesias Vilarelle ao Libro Educativo 2010 son “Grámatica
práctica da lingua galega” de Xoán López Viñas e outros; “ A sombra dos
anacardios” de Antón Fortes e Simona Mulazzani; a obra de Héitor Mera
“Unha década de literatura infantil e xuvenil en galego” e “Un xornal na
clase de matemáticas” de Cecilia Alvarellos Casas.

As Candidaturas ós Premios Lois Tobío a tradución do ano son as que
seguen, “Lóbrego romance, pálida phantasma” de Mª Isabel Soto editado
por El Patito, “30 gramos” de Ramón Nicolás por Alvarellos Editora;
“Merlín no Bounty” de Carlos Acevedo editado por Kalandraka; a obra de
Rafael Salgueiro “O libro sa Selva” de Rinoceronte editorial; e “Bilbao
New York Bilbao” de Isaac Xubín editado por Xerais.

Os candidatos ós Premios Isaac Díaz Pardo ao mellor libro ilustrado
son “Guía ilustrada da Galicia invisible” editado por Xerais e escrito por
Noemí López; “Colección Rodribico” de Xosé Tomás editado por Baía; “Contos para nenos que dormen deseguida” de David Pintor editado por Kalandraka e unha obra dos alumnos do centro ASPANEX de Vigo e editado por Xerais, “Quéroche contar un conto”.

O Premio Rosalía de Castro á mellor iniciativa no ámbito editorial
conta con catro candidatos, Os contos do camiño, Proxecto Europeo de
OQO editora; “Árbores: As 50 especies máis comúns”(versión mobil);
Asociación Culturgal, constitución e Redelibros.

Por último os candidatos o Premio X.M.Álvarez Blázquez ao autor ou
autora do ano pola súa traxectoria son Xosé Neira Vilas, Pepe Carreiro
e Marcos Calveiro.
Os ollos do Contomar.
Os ollos do Contomar. Unha experiencia de fomento da lectura de Espazo Lectura,