
Arzúa, Carballo, Foz, Negreira, Lugo, Outes, Ribadeo, Santiago de Compostela, Vilalba e Vimianzo acollerán as 10 funcións da propostas, que chegarán da man das compañÃas La Roca Producciones e Zigzag Danza (Asturias), El Tejo Producciones (Cantabria), NiMú (Euskadi), Led Silhouette (Navarra) e El Perro Azul (A Rioxa). Precisamente esta última comunidade incorpórase nesta xeira ao programa, ao que tamén se suma Negreira como sede.
Ademais das funcións foráneas, Camiño Escena Norte levará tamén aos outros territorios participantes as propostas galegas de Pérez & Fernández, coa montaxe Nanay de la China, Grupo Chévere, que representará Helen Keller, a muller marabilla? e Paula Quintas CÃa, con Multiperspectivas#3. En total serán 18 espectáculos os que circularán polas 60 sedes que fan parte do itinerario de exhibicións do proxecto.
O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) de Carballo fai parte tamén desa iniciativa a través da sección Vieiros,que reúne diferentes eventos escénicos dos territorios participantes e que nesta ocasión contará tamén co Rincones y Recovecos e Danza Xixón (Asturias); o programa Movimiento en Red Cantabria; Bideart Zigoitia (Euskadi), e Festival Mute e o Festival Iberoamericano de Teatro da Rioxa (FITLO), ambos na Rioxa.