Camiño Escena Norte, programa de intercambio cultural no que participan compañÃas de teatro, circo, danza e artes do movemento de Galicia, Asturias, Cantabria, PaÃs Vasco e Navarra, amplÃa de 11 a 13 o número das localidades galegas que, do 13 de setembro ao 27 de outubro, recibirán propostas chegadas do resto dos territorios participantes. Pola súa banda, as compañÃas galegas Ibuprofeno Teatro, Colectivo Glovo e Píscore levarán os seus espectáculos a 14 escenarios do norte peninsular, mentres que Furia Sotelo participará nas estadÃas artÃsticas Cruzamentos dentro das actividades paralelas desta iniciativa. Camiño Escena Norte conta tamén cun Catálogo de espectáculos recomendados, un programa de consultoría profesional e de acompañamento ao público, o espazo de convivencia profesional Habitación Peregrina PRO ou a sección Vieiros que, por segundo ano consecutivo, escolleu o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo como representante galego.
En Galicia, o ciclo Constelacións ofrecerá os espectáculos de 11 compañÃas das outras catro comunidades como parte dunha carteleira que arrancará o venres 13 en Santiago de Compostela e percorrerá escenarios e espazos singulares de Foz, Outes, Vilalba, Sobrado dos Monxes, Melide, Carballo, Vimianzo, Ames, Arzúa, Ribadeo e Viveiro. Neste 2024, as compañÃas asturianas Adrián Conde Espectáculos, Teatro Plus e La Westia Producciones; as cántabras Ruth Garreta-El Conejo Salvaje e Hilo Producciones; as vascas Panta Rhei, Marie de Jongh, K. Producciones-Tanttaka Teatroa; e as navarras Yarleku-El Punto Gunea, Estefanía de Paz Asín e Pájaros Pintados Creación Teatral presentarán diante do público galego as súas montaxes máis recentes.