Oito funcións inician este outono no noso país as actividades de Camiño Escena Norte. O programa de colaboración entre as asociacións de produtoras escénicas de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi bota a andar coa intención de ser moito máis do que un intercambio de compañías. A experiencia pioneira pon sobre a mesa a problemática da proxección exterior da nosa escena e abre novas vías neste campo.
Con comezo en Ribadeo este 22 de setembro, a axenda de Camiño Escena Norte continúa en Mondoñedo, Lugo, Vilalba, Arzúa e Sobrado dos Monxes para rematar en Compostela. A conexión coas rutas xacobeas está detrás da elección das localidades que acollen a iniciativa, unha escolla que tamén contribúe a descentralizar a oferta escénica no noso país fóra das cidades e integra patrimonio e escena con representacións como a que se desenvolve no mosteiro de Santa María de Sobrado. A estes escenarios, desde Asturias chegan os espectáculos Bojiganga de Teatro del Cuervo e Como ceniza blanca sobre una hoguera, de La Tejedora de Sueños, mentres de Euskadi participan El viaje de Ulises, de Teatro Gorakada e Sagartu de Hika Teatroa. Cantabria, finalmente achega La Novia del Viento, de Ábrego Producciones e Beatus, visiones del Apocalipsis, de Espacio Espiral. Pola banda galega, A Panadaría leva Elisa e Marcela e Baobab Teatro amosará o seu Luppo a Asturias, Cantabria e Euskadi.
O xermolo
Escena Galega, EscenAsturias, ACEPAE (Cantabria) e Eskena (Euskadi) son os colectivos que artellaron o proxecto, que ten un galego, o xestor cultural e xerente de Escena Galega Diego Vázquez Meizoso, como coordinador. De xeito curioso, e segundo explica, o xermolo deste proxecto está en Valladolid, onde representantes destes colectivos escénicos coincidiron na edición de 2016 de Mercartes, feira bienal dedicada a estas disciplinas. "Nun café informal entre os presidentes e presidentas destas asociacións, vimos que somos territorios veciños pero a que a nivel de intercambio e de distribución de espectáculos non nos coñecemos en absoluto. En Galicia resulta imposible ver cousas cántabras ou asturianas, e á inversa. Do mesmo xeito, a Euskadi só chegan producións multipremiadas" lembra. "Vimos o fío condutor dos Camiños de Santiago do Norte e a partir de aí pensamos en traballar en conxunto". A aposta por este tipo de iniciativa, xorde, segundo explica Vázquez, das propias necesidades que perciben as compañías. "É un proxecto que xorde do sector e para o sector. Hai unha serie de ocos e de cuestións que as administracións non están a cubrir, tanto a galega como outras. Vimos un problema e decidimos levar a voz cantante como promotores do proxecto contando, iso si, co financiamento das distintas administracións". En concreto, no noso país AGADIC, as deputacións da Coruña e Lugo e a Fundación SGAE achegan o financiamento a esta iniciativa.
Carácter pioneiro
A importancia do programa vai para alén do que pode supor para as comunidades implicadas xa que, segundo asegura Vázquez, "a nivel estatal non hai ningún programa de intercambio cultural coma este, que naza do sector e que ademais teña desde o comezo unha proxección a medio e longo prazo". Deste xeito, Camiño Escena Norte nace coa vocación de transformar as relacións entre estas comunidades veciñas. "Este non é un programa para un ano e dous. A idea é abrir un novo corredor cultural polos territorios do norte. Entendemos que a nivel de distribución de artes escénicas hai unhas dinámicas bastante centralizadas que pasan por Madrid e queremos mudar iso. Non é normal que unha compañía como El callejón del gato, de Xixón, non tivese actuado en Ribadeo cando están a trinta e cinco minutos de viaxe. E o mesmo acontece á inversa".
Os retos
A posta en marcha da iniciativa atopouse con diferentes atrancos. Entre estes, un dos principais foi a situación política a nivel estatal. "Está o país semiparalizado nun ano de convocatorias electorais continuas. Asturias e Cantabria tiveron eleccións autonómicas e iso complicou moito celebrar esta primeira edición en tempo. Pensamos que era indispensable comezar este ano, porque ao termos o Camiño de Santiago como idea condutora queremos e o proxecto chegue ao Xacobeo 2021 rodado para medrar e refinar a proposta", lembra o coordinador do proxecto. Canda a isto, a conexión entre os sectores profesionais de escena das catro comunidades supuxo tamén un reto. "O primeiro obstáculo é que somos catro asociacións con obxectivos semellantes pero tamén con moitas diferenzas, en particular respecto á tipoloxía do sector. Os casos de Cantabria ou Asturias son moi distintos ao galego, que ten máis semellanzas con Euskadi. Tamén as idiosincrasias do público e dos gobernos de cada territorio difiren. Tentamos converter estes obstáculos en riquezas do programa".
Diferentes realidades
E é que, á hora de procurar puntos de encontro entre as escenas teatrais, o proxecto debeu enfrontar realidades ben distintas. En Asturias, por exemplo, existían dúas plataformas diferentes a representar as empresas do sector, agora fundidas nunha soa. Logo, en Euskadi "aínda que hai semellanzas a nivel de apoio e de redes de distribución con Galicia están varios pasos por diante de nós a nivel orzamentario e de estruturas", explica Vázquez Meizoso. Fronte a este, "o caso de Cantabria resulta moi interesante. É un territorio que nos últimos anos está a apostar moito por reforzar o sector. Acaban de pór en marcha o seu primeiro circuíto profesional e están moi atentos a artellar colaboracións. Foi dos primeiros gobernos en apalabrar un orzamento para este programa", lembra. Canda a este caso, Asturias "é quen está na actualidade en peor situación. Tiña un circuíto rexional de certa entidade que se desmontou nos últimos anos e teñen tamén problemas de axudas á creación". Fóra das políticas sobre o sector, a nivel creativo o nivel é mais homoxéneo. "Hai bastantes similitudes entre todos os territorios involucrados", explica o coordinador do proxecto, con algunhas peculiaridades. "No País Vasco ten especial peso a produción vencellada con artes de rúa e novo circo, algo que non existe ao mesmo nivel noutros territorios, aínda que aquí temos tamén unha produción moi boa neste campo. Logo a nosa entidade socia en Cantabria nos di que alí adoitan empregar formatos pequenos e adaptables a diferentes espazos, unha tendencia que tamén se dá en Asturias. Cómpre pensar que en Cantabria hai como moito tres teatros ben dotados e iso inflúe nesta tendencia".
Encontros e debates
Para alén da exhibición de espectáculos, que nesta primeira xeira abrangue vinte e oito funcións de teatro e danza na catro comunidades implicadas, Camiño Escena Norte aposta de xeito decidido pola formación de públicos e o fortalecemento das relacións entre profesionais do sector. "A programación Camiño Expandido conta cunha serie de experiencias sectoriais. Artellamos a residencia Peregrina Pro, dotada economicamente, na que unha compañía acolle outra no seu lugar de traballo. Esta visita pode ser de coprodución, dunha simple ollada externa sobre os procesos de ensaio ou só de coñecemento. A nosa idea é que as compañías poidan coñecerse entre si e comecen a coproducir proxectos" explica o coordinador. Foi no marco deste proxecto que Urdime acolleu ao comezo deste mes de setembro, unha residencia teatral en Compostela e que Contraproducións vai participar noutra en Euskadi. Canda a isto, artellouse unha xornada de reflexión temática en cada comunidade, no caso galego a coincidir do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo. "Alí abordarase da man dunha vintena de dramaturgos e dramaturgas dos catro territorios a cuestión a interculturalidade na escrita dramática. Noutras comunidades o encontro centrarase na dinamización do rural, no potencial económico da cultura e mais na cidadanía en relación coas artes escénicas". Canda a isto, o programa inclúe tamén un labor de formación de público coa celebración de obradoiros e de debates co elenco antes ou despois das funcións. "Pareceunos importante desenvolver actividades de mediación coma estas. Cómpre contextualizar o espectáculo e ir alén de que o espectador vexa unha obra, aplauda e marche. Pensamos que estas experiencias permiten entender tamén quen programou esa función e como chegou a ese lugar concreto", lembra. Nese sentido explica que "a relación co público co espectáculo mudou. Agora procúrase unha experiencia moito máis expandida que inclúa falar co reparto, intercambiar opinións ou ir a un obradoiro onde entender cousas que non ao mellor non quedaron claras".
Máis camiños
De cara ao futuro, o proxecto pretende seguir medrando. "Agardamos que a programación sexa máis grande nivel de funcións e contar tamén cunha maior programacións expandida. Queremos que o programa se asente e medre". A maiores deste incremento en cantidade, a iniciativa quere abordar tamén a ampliación xeográfica. "O Camiño é un concepto europeo e temos contactos para traballar a medio prazo coa Aquitania francesa. Tamén desde Escena Galega temos un proxecto xa de anos para favorecer o movemento escénico co Norte de Portugal e pensamos que esta iniciativa é un bo esqueleto para traballar".
As vías cara ao exterior
O carácter pioneiro desta proposta exemplifica en grande medida a situación na que se atopa a proxección exterior da nosa escena. "Desde Escena Galega tentamos ir cada ano a unha ou dúas das principais feiras sectoriais máis importantes do Estado, e en xeral alí sempre escoitamos o mesmo comentario: ``Como é que os galegos non saídes máis cando a vosa produción é excelente?´´ É coma un mantra", sinala o xerente da entidade. No entanto, recoñece que están a se dar avances neste campo. "Cada vez hai máis compañías galegas que saen, mesmo algunhas que traballan máis fóra do que dentro do país. É o caso de Voadora, Chévere ou tamén de Contraproducións, que aborda traballos conxuntos con outras propostas foráneas. Isto é unha dinámica imparable. A crise arrasou moitas das estruturas e programas como a Rede de Teatros e Auditorios, que permitían que as compañías puidesen traballar só en Galicia, teñen agora moito menos orzamento. Canda a isto moitas compañías novas queren apostar pola visión exterior, e iso é un caldo de cultivo perfecto".
De cara a avanzar neste camiño, Vázquez Meizoso considera que "cómpre unha aposta decidida pola internacionalización", algo que ao seu ver "non se trata tanto de dar axudas para distribuír fóra como dunha estratexia decidida de visibilización nos foros profesionais. Agadic debe estar presente nestes espazos cun posto propio das artes escénicas galegas. Cómpre que estea aí porque como asociación Escena Galega ten pouco poder de interlocución con gobernos doutras comunidades para, por exemplo, facer intercambios. Pensamos que isto está a mudar. Na última edición de Mercartes houbo un desembarco importante da Axencia, con posto propio e presenza, pero consideramos que se debe mellorar".