A Xunta reforma o auditorio do edificio Fontán do Gaiás para acoller espectáculos

Realizá un investimento dun millón de euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:
Edificio Fontán.

Edificio Fontán.

O edificio Fontán da Cidade da Cultura dispuña dun auditorio usado con frecuencia para eventos profesionais e académicos, pero a Xunta quere agora preparalo para acoller tamén espectáculos de teatro, danza e música. "Na situación actual ficaba pequeno", explicou Alfonso Rueda, presidente da Xunta. O investimento, dun millón de euros, "favorecerá un aforro en custes de produción ao reducir de xeito significativo a montaxe dos escenarios e estruturas efémeras empregadas agora para actividades na Cidade da Cultura", e que estiman que ficará amortizada nun prazo de cinco ou sete anos. A ampliación non restará espazo ao Centro de Artes Dixitais, que mantén o calendario previsto. O deseño da reforma contou co asesoramento do Centro Dramático Galego.

Que che parece esta nova?
93 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gaiás, Teatro, Danza, Centro Dramático Galego...