Abre o Centro de Interpretación do Viño da Ribeira Sacra

O espazo contou cun investimento dun millón de euros

Un centro do viño que pretende ser máis do que un museo. Esta é a proposta que abría onte as súas portes en Monforte. Entre outros contidos, no seu interior pode coñecerse o contorno natural da Ribeira Sacra, os sistemas de cultivo, oficios ou ritos e símbolos asociados a esta bebida. Todo mediante módulos interactivos e diferentes paneis. Ademais, o novo espazo achega a posibilidade de se iniciar na cata do caldo e de adquirir produtos das adegas desta área nunha tenda especializada. A creación deste espazo supuxo un investimento un millón de euros, que serviron para rehabilitar a antiga casa do concello.