A Coruña recuperará as súas fortificacións

O concello prevé investir un millón de euros para rehabilitar a muralla

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Seis mil metros da muralla do século XIV da Coruña serán restaurados na Coruña. O concelleiro de Rehabilitación Urbana, Mario López Rico, anunciou onte un investimento de case un millón de euros para recuperar visualmente este monumento. Ademais, a zona de muro que rodea o xardín de San Carlos recuperará o seu aspecto orixinal e humanizarase o contorno do portón de San Andrés. Segundo explicou o concelleiro, antes dun ano estará redactada a normativa municipal sobre estes monumentos, que fai parte dun plan director encol do conxunto de fortificacións herculinas.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña

Claves

Lugares