Un investimento de medio millón de euros recuperará parte do Parque do Pasatempo

Deputación da Coruña e Concello de Betanzos achegarán os fondos para estes traballos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Parque do pasatempo Foto: Dep. Provincial da Coruña

Parque do pasatempo Foto: Dep. Provincial da Coruña

Unha área de 700 metros cadrados do Estanque do Retiro no Parque do Pasatempo será recuperada. A Deputación e o Concello de Betanzos acordaban este 2 de outubro investir un total de 525.000 euros en traballos para reverter a deterioración deste Ben de Interese Cultural. O convenio asinado entre as dúas entidades prevé actuar sobre o que son dous dos elementos máis afectados do parque, o Estanque do Retiro e o seu templete que, segundo indican desde estas institucións "precisa dunha actuación urxente para evitar a súa destrución". As dúas entidades reclamáronlle á xunta a súa implicación na recuperación deste conxunto, declarado Ben de Interese Cultural o pasado mes de febreiro.

En total a Deputación da Coruña achegará 419.944 euros para estes traballos e o Concello os 104.986 euros restantes. As obras incluirán a recuperación de todos os elementos escultóricos, pictóricos e arquitectónicos desta área e estenderanse ao longo dun ano e medio.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Betanzos, Ben de Interese Cultural, Deputación da Coruña