O rápido deterioro que está sufrir o parque do Pasatempo de Betanzos, onde en dÃas pasados tivo lugar o desprendemento e caÃda do templete central do Estanque, está a mobilizar a institucións e orzas polÃticas. Se o pasado dÃa 7 o Parlamento de Galicia aprobaba por unanimidade unha Proposición no de Lei presentada polo BNG instando á Xunta a axilizar a declaración de interese cultural do parque do Pasatempo, cuxo expediente xa está incoado, e "prestar apoio técnico ao Concello de Betanzos para a elaboración dun proxecto de rehabilitación implicando a outras administracións públicas, recabando outros posibles apoios financeiros e colaborando economicamente para garantir a consecución do proxecto", onte foi unha desas institucións, a Deputación Provincial da Coruña, a que moveu ficha a favor da protección do parque. Levada polo carácter de urxencia o ente provincial anunciou que solicitará á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia que lle permita o uso inmediato dos fondos consignados para a rehabilitación do Pasatempo de Betanzos debido á necesidade de reparacións que freen o empeoramento da situación do parque. A Deputación quere poñer en marcha con carácter inmediato a utilización da dotación económica aprobada no pleno do mes de marzo pola que se destina 598.998,40 euros á rehabilitación do parque.
O deputado provincial Xosé Regueira é quen presenta esta solicitude para o que demanda os permisos pertinentes de Patrimonio que terÃa tamén "que actuar co carácter extraordinario da situación e axilizar o consentimento para poder evitar riscos maiores", segundo informa a Deputación. Solicita, desta maneira, asesoramento técnico de Patrimonio para detectar as urxencias para actuar como medidas cautelares de prevención, á espera do proxecto final. O pleno da Deputación da Coruña aprobou no pleno do mes de marzo un expediente de crédito que recollÃa os 598.998,40 euros destinados ao Pasatempo que se sumarán aos 150.000 € que achegará o Concello de Betanzos para o proxecto de recuperación do parque construÃdo polos irmáns GarcÃa Naveira entre finais do século XIX e principios do XX.