Betanzos intervén de urxencia no Pasatempo para frear a súa degradación

A actuación tenta impedir a destrución do templete do Estanque do Retiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Concello de Betanzos está a actuar de urxencia no templete do estanque do retiro do Parque do Pasatempo, que sufriu un gran desprendemento en novembro de 2018. A obra, que ten unicamente por obxectivo frear o proceso de degradación e realizar tarefas de documentación previas a un proxecto de restauración, foi asumida economicamente polo concello de Betanzos, cun orzamento de 50.000 euros. As obras foron autorizadas pola Dirección Xeral de Patrimonio. O concello tentará que nas enmendas aos orzamentos da Xunta se complete o investimento de 750.000 euros que faran concello e Deputación da Coruña.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Betanzos, Dirección Xeral de Patrimonio, Deputación da Coruña