A plataforma Contratos de Galicia abriu este venres 15 de decembro o procedemento de Turismo de Galicia para licitar as obras de restauración do Parque do Pasatempo en Betanzos. Os traballos para recuperar este espazo monumental, declarado Ben de Interese Cultural, contan cun orzamento máximo de 874.670 euros, que permitirán enfrontar as fases 2 e 3 das obras previstas no Plan Director do conxunto.
Segundo recollen os pregos publicados pola Xunta, a Fase 2 dos traballos afectará fundamentalmente "a parte Norte da 1ª Terraza, centrándose no chamado Estanque da Gruta, e Gruta da Recoleta", a incluÃr os túneles que conectan estes elementos e mais o invernadoiro. Canda a isto, a licitación incorpora "un elemento exterior que por motivo de unha demolición recente, necesita unha urxente restauración. Trátase da Fonte das Catro Estacións localizada no XardÃn horizontal". Deste xeito, as actuacións afectarán a múltiples elementos escultóricos do conxunto, a incluÃr figuras emblemáticas coma o León, os propios estanques ou o conxunto pictórico do mural das cunchas.
Canda a isto, a Fase 3 do proxecto afectará ao circuÃto hidráulico e ás beiras do Estanque do Retiro. Este proxecto viuse modificado logo da descuberta das varandas orixinais deste espazo nun pazo próximo a Betanzos. O proxecto a licitación prevé instalar copias destes elementos e mais da ponte orixinal de acceso á illa central do estanque. Canda a isto as obras abordarán tamén a impermeabilización do vaso do estanque e a recuperación dos seus paseos anexos, a recreación dos mosaicos orixinais e a adecuación de instalacións técnicas, entre outros traballos no conxunto.
En total, o investimento previsto para recuperar o parque é de 1,5 millóns de euros.