A recuperación do parque do pasatempo en Betanzos, declarado Ben de Interese Cultural, ven de rexistrar un novo capÃtulo no seu longo e complicado proceso. Ningunha empresa presentou oferta ao concurso aberto pola Axencia de Turismo de Galicia para a execución dos traballos da segunda e terceira fase da rehabilitación do parque incluÃdos no Plan Director do conxunto. As obras saÃron a licitación o pasado 15 de decembro cun valor de 874.670 euros (IVE incluÃdo) pero ao peche do prazo ningunha empresa presentou ofertas, o que levou a Axencia de Turismo a declarar deserto o proceso como consta na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia.
Segundo recollen os pregos publicados pola Xunta, a Fase 2 dos traballos afecta fundamentalmente "a parte Norte da 1ª Terraza, centrándose no chamado Estanque da Gruta, e Gruta da Recoleta", a incluÃr os túneles que conectan estes elementos e mais o invernadoiro. Canda a isto, a licitación incorpora "un elemento exterior que por motivo de unha demolición recente, necesita unha urxente restauración. Trátase da Fonte das Catro Estacións localizada no XardÃn horizontal". Deste xeito, as actuacións afectarán a múltiples elementos escultóricos do conxunto, a incluÃr figuras emblemáticas coma o León, os propios estanques ou o conxunto pictórico do mural das cunchas. Canda a isto, a Fase 3 do proxecto afecta ao circuÃto hidráulico e ás beiras do Estanque do Retiro. O proxecto a licitación prevé instalar copias destes elementos e mais da ponte orixinal de acceso á illa central do estanque. Canda a isto as obras abordarán tamén a impermeabilización do vaso do estanque e a recuperación dos seus paseos anexos, a recreación dos mosaicos orixinais e a adecuación de instalacións técnicas, entre outros traballos no conxunto. Agora terá que iniciarse un novo proceso de licitación tras unha revisión das súas condicións económicas e das súas bases.