A empresa Prace Servizos e Obras será finalmente a encargada de desenvolver a segunda e a terceira fase dos traballos de rehabilitación do Parque do Pasatempo, en Betanzos. A plataforma Contratos de Galicia publicaba este 5 de xullo a adxudicación do contrato coa Axencia Turismo de Galicia que establece dous lotes para a realización destas obras, dotados respectivamente con 492.395 e 382.272 euros.
Esta é a terceira vez que a Xunta de Galicia tenta adxudicar estas obras, logo de que en ocasións anteriores a licitación quedase deserta. O contrato establece un prazo máximo de 13 meses para finalizar as obras. O responsable de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, anunciou a colaboración co Concello de Betanzos para elaborar as bases da cuarta fase das obras de recuperación previstas no Plan Director do Pasatempo.
Segundo recollen os pregos publicados pola Xunta, a Fase 2 dos traballos afectará a elementos como o Estanque da Gruta, e a Gruta da Recoleta ou á Fonte das Catro Estacións localizada no XardÃn horizontal, a incluÃr ademais figuras emblemáticas coma o León, os propios estanques ou o conxunto pictórico do mural das cunchas. Os traballos da Fase 3 do proxecto afectará ao circuÃto hidráulico e ás beiras do Estanque do Retiro, ademais de instalar copias das esculturas e da ponte orixinal de acceso á illa central deste elemento.
O anuncio desta adxudicación coincide coa presentación do Festival do Pasatempo, que os dÃas 5 e 6 de xullo achega a este espazo actuacións de Andrés Suárez, Paula Mattheus, Bustamante e Sabela.