A Deputación e o Concello de Betanzos achegan fondos para recuperar o Pasatempo

Un investimento de 750.000 permitirá iniciar as obras

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Na mesma semana na que se incoou o expediente para o declarar BIC, o betanceiro Parque do Pasatempo de Betanzos contará cunha nova partida de fondos para a súa recuperación. A Deputación da Coruña aproba esta mesma mañá unha modificación de crédito pola que achegará 600.000 euros a traballos de recuperación do conxunto, que sofre desde hai anos unha importante degradación. A achega complementarase con outros 150.000 euros da man do Concello de Betanzos. Pendente da sinatura dun convenio entre as dúas administracións, será a entidade local a responsable de contratar o proxecto de recuperación que partirá da memoria elaborada por un grupo de expertos sobre o espazo.

Na presentación deste investimento, o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, lembrou que é competencia da Xunta a conservación do patrimonio cultural e histórico, mentres o alcalde de Betanzos, Ramón Vázquez apuntou a súa esperanza de que outras administracións sumen achegas para conseguir un maior financiamento para os traballos de recuperación do parque. A Xunta adiantou que agardará a que remate o expediente de declaración BIC para investir no espazo.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Betanzos, Deputación da Coruña, Ben de Interese Cultural