Betanzos destínalle 600.000 euros ao Parque do Pasatempo

O investimento afectará ao acceso e mais ás terrazas do xardín histórico

4/3/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Parque do Pasatempo de Betanzos continúa aos poucos a recibir investimentos para a súa mellora e recuperación. O Concello anunciaba onte que achegará 600.000 euros destinados a intervencións tanto no que se conserva do parque orixinal como no máis recente, situado ao seu carón. No conxunto histórico, declarado Ben de Interese Cultural, as obras mellorarán o acceso, eliminarán barreiras e recuperarán elementos arquitectónicos do conxunto. Ademais, instalarase unha serie de paneis informativos e organizaranse rutas para as visitas. O proxecto fai parte dun Plan de Recuperación Ingragal polo que xa se desenvolveron diferentes actuacións no contorno.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Betanzos, Ben de Interese Cultural

Claves

Lugares