Un museo para o Entroido, o viño e a auga

O Centro de Interpretación Museística de Verín reorganiza os seus contidos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Concello de Verín vai reorganizar os contidos do seu Centro de Interpretación Museística e dotará este espazo de contidos interactivos. O novo centro estará artellado arredor dos que, para o concello, son os tres grandes sinais de identidade do lugar: o Entroido, o viño e a auga. Segundo a tentente alcalde, María do Carmo Prado, a intención é darlle un maior protagonismo a estes elementos "ata o de agora en segundo plano". Na actualidade, os contidos consisten en paneis e videos sobre os atractivos naturais e culturais da zona. O custo da actuación aínda está por avaliar.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Entroido, Identidade

Claves

Conceptos