Pechan o museo do acibeche en Santiago e o centro de interpretación de Verín

A falta de fondos e a escasa afluencia entre as explicacións da decisión

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Un de iniciativa privada e outro de xestión pública pero nos dous cun mesmo resultado: fechados. Estes días chegounos a nova do peche do Museo do Azabache e do Centro de Interpretación Museística de Verín. O primeiro, de xestión privada abriu en 2004, e cesa a súa actividade por mor da crise. O segundo, pola escasa afluencia de visitantes. O espazo de Verín foi clausurado de xeito temporal polo goberno municipal polo custe de mantemento das instalacións. Estaba formado por catro salas que documentaban as principais tradicións e características do municipio de Verín e nas que se incluían varias caretas de O Cigarrón.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Claves