A promoción do Entroido divide as localidades do Triángulo Máxico

Os alcaldes de Xinzo, Verín e Laza discrepan sobre o aproveitamento turístico da festa

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A empresa viguesa Ménsula está a realizar, por encarga da Xunta, un estudo sobre as posibilidades de aproveitamento turístico do Entroido nas localidades do Triángulo Máxico ourensán. No entanto, os rexedores de Laza, Monterrei e Verín, discrepan sobre as posibles medidas a tomar. Mentres en Verín están e acordo con realizar accións promocionais e conseguir máis visitantes, en Xinzo advirten das limitacións a nivel de infraestruturas para o aloxamento. Pola súa banda, en Laza apostan por un turismo restritivo, xa que unha afluencia masiva pode desvirtuar unha festa que ten na participación a súa base.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Laza, Entroido, Turismo, Monterrei...

Claves

Conceptos