Turismo apoiará o Entroido ourensán mentres na Ribeira Sacra queren levar turistas á vendima

Turismos de Entroido e uva

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Dirección Xeral de Turismo apoiará cun plan de financiamento plurianual o Entroido ourensán. Ademais dos concellos de Verín, Xinzo e Laza, o responsable deste departamento, Rubén Lois, asegurou que ten a intención de ampliar a colaboración a outras zonas con tradicións deste tipo coma Vilariño de Conso ou Viana. Ao tempo, e segundo publica hoxe "El Correo Gallego", o Plan de dinamización Turística da Ribeira Sacra aposta por facer participar os visitantes que se acheguen á zona nas tarefas de colleita e de elaboración do viño coma reclamo turístico.

Máis información na edición de hoxe de La Región e en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Entroido, Turismo, Ribeira Sacra, El Correo Gallego...