Científicos galegos analizan as propiedades terapéuticas das uvas coas que se elaboran os nosos viños

O poder do viño

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
¿Quen dixo que era malo o viño? Os caldos, especialmente os tintos, conteñen resveratrol, un composto polifenólico que lles concede efectos cardioprotectores. Así o aseguran científicos de once países nunha publicación na que participaron investigadores da Universidade de Santiago. Un equipo da facultade de Farmacia, dirixido polo catedrático Francisco Orallo Cambeiro, investiga se existe unha relación entre a concentración dese compoñente e as propiedades farmacolóxicas, para concluír se os caldos galegos, ademais do seu sabor, poden ter propiedades cardioprotectoras. O grado de resveratrol varía en función da variedade de uva, a súa elaboración e a zona, sendo os lugares máis húmidos os que teñen maior concentración.

Máis información en El Correo Gallego e Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galicia Hoxe, El Correo Gallego