Os entroidos do triángulo máxico ourensán eclipsan os doutros lugares

Celébrase en Ourense o III Congreso do Patrimonio

O chamado Triángulo Máxico ourensán, formado por Verín, Xinzo e Laza, eclipsa cos seus entroidos as celebracións de lugares máis pequenos. Así o afirmou onte o investigador Xosé Antón Fidalgo Santamariña, quen alertou que "moita xente deixa a súa aldea e vai a vilas maiores para celebrar esta festa". Nese sentido, Fidalgo apostou por facer unha promoción multilateral das preto de cincuenta figuras que existen nos entroidos da provincia. O investigador fixo esta análise no contexto do III Congreso do Patrimonio que se está a celebrar en Ourense desde onte. Esta mesma semana presentarase no evento a publicación As caras do entroido, que analiza as mútiples formas da festividade na provincia.