Falece o antropólogo José Antonio Fidalgo Santamariña

O funeral e o enterro celébranse esta tarde en Ourense

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Fidalgo Santamariña

Fidalgo Santamariña

José Antón Fidalgo Santamariña, coñecido antropólogo e activista cultural, falecía onte aos 65 anos vítima dun cancro en Ourense. Entre outros labores, foi vicepresidente e presidente do Ateneo de Ourense, profesor na Universidade de Vigo e membro da sección de Antropoloxía do Consello da Cultura. O seu traballo valeulle recoñecementos como os premios Otero Pedrayo e Vicente Risco. A enfermidade de sufría afastárao da actividade pública no último ano. Os membros do Ateneo anunciaron a súa intención de realizar unha homenaxe na súa memoria.

Ás 15.45 de hoxe, 19 de decembro, celébrase un funeral na súa honra a Igrexa de Santo Domingo, en Ourense, e a seguir realizarase o enterro no cemiterio de San Francisco, nesta mesma cidade.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Vicente Risco, Antropoloxía, Universidade de Vigo...