A Fundación Otero Pedrayo convida a percorrer o Ourense de Nós nun roteiro

Celebrarase o sábado 8 e ten prazas limitadas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Fundación Otero Pedrayo vén de convocar o Roteiro Nós pola cidade de Ourense para o sábado 8 de febreiro. Catro actores que representan a figuras destacadas da coñecida como Xeración Nós -Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Florentino López Cuevillas e Eladia Pedrayo- guiarán aos participantes a través do "ambiente, actividade e traballos dos protagonistas". O roteiro comezará ao carón do antigo edificio do Hotel Parque, onde mantivo a súa derradeira tertulia Vicente Risco, e percorrerá outros escenarios do casco vello ourensán. Será o sábado 8 de febreiro ás 19 horas, partindo do parque de San Lázaro, esquina coa rúa Santo Domingo. A participación é de balde pero é preciso inscribirse previamente con chamada ou mesaxe ó teléfono 988281139 da Fundación Otero Pedrayo. A asistencia está limitada a 50 persoas.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Xeración Nós...