Unha guía reúne os programas dos Entroidos de Ourense

A publicación achega información sobre o patrimonio e os recursos turísticos da zona

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Foto: Viú Foto, Alberto Trabada

Foto: Viú Foto, Alberto Trabada

Información sobre as peculiaradidades dos Entroidos ourensáns declarados de Interese Turístico, e o programa completo de actividades de cada un deles. Esta é a proposta que fai a Xunta de Galicia na guía Escápate aos entroidos de Ourense, que se presentou onte no marco dunha campaña de promoción turística destas festas. Os interesados poden coñecer, mediante esta publicación, as festas en Laza, Verín, Viana, Manzaneda e Xinzo, canda a lugares de interese no contorno de cada unha delas. Do mesmo xeito, o volume amosa as rutas do Entroidobús, que permite o desprazamento entre estas localidades, así coma aloxamentos e paquetes turísticos.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guía, Ourense, Xunta de Galicia, Laza...