O interese polo Entroido como recurso turÃstico e patrimonial non para de medrar. A recuperación e reinvención de festas tradicionais mantén o seu vigor e cada ano salta aos medios algunha festividade pouco coñecida. En paralelo á propia recuperación e promoción das festas, nos últimos tempos comezaron a aparecer foros especÃficos que sobre estas celebracións e poñen de relevo a súa importancia cultural. Institucións como o Museo do Entroido de Xinzo, a Mascarada Ibérica de Viana e Vilariño ou as Xornadas sobre o Entroido de Galiza en Pontevedra están a amosar novos xeitos de se achegar á festa.
En decembro de 2015 o Ministerio de Cultura declarou o Carnaval, nas súas diferentes formas, como Manifestación Representativa do Patrimonio Cultural do Estado. Este recoñecemento, que a festividade non ten aÃnda na lexislación galega, puxo en evidencia a importancia que estas celebracións posúen para a sociedade. Neste mesma liña, diferentes iniciativas polo paÃs adiante están apostar por reflexionar e investigar sobre a festa, buscar puntos de encontro con outros eventos semellantes e reclamar o seu papel cultural. Se durante anos concellos e asociacións apostaban por conseguir o tÃtulo de Festa de Interese TurÃstico para estes eventos, na liña das de Cobres, Laza, Viana, Vilariño de Conso, Maceda, Manzaneda, o Ulla (a nivel autonómico) ou, a nivel estatal as de VerÃn e Xinzo, hoxe boa parte dos promotores destas entidades apostan por procurar a declaración de Ben de Interese Cultural para este patrimonio inmaterial, e mesmo chegar ao recoñecemento da UNESCO.
Nova fase
A historia do Museo Galego do Entroido, situado en Xinzo pode ser unha mostra do xeito no que está mudar o interese por esta celebración. Se ben o edificio e os seus contidos están completos desde comezos dos anos 2000, non foi ata 2015 que se inaugurou, e aÃnda a finais de 2016 un convenio entre concello e Deputación de Ourense permitiu a contratación de persoal para a súa xestión e funcionamento. A comezos deste ano, unhas primeiras xornadas sobre o Entroido amosaron a vontade deste espazo de contribuÃr ao coñecemento e á reflexión sobre a problemática destas festas. Segundo apunta Iván Prado, coordinador deste espazo, "podemos falar dun primeiro revival cara aos 80 en que se comezou a se sentir e a se ver como un orgullo esta tradición", no entanto "agora é unha segunda etapa desa recuperación, un momento de evolución sobre o Entroido. Hai institucións públicas e privadas que se están a implicar arreo na investigación destes asuntos".
Reacción
Na mesma liña, hai xa cinco anos que botaban a andar en Pontevedra as Xornadas de Entroido na Galiza. Esta iniciativa pioneira da Sociedade Antropolóxica Galega puxo sobre a mesa a necesidade de reflexionarmos sobre a que é unha das festas máis destacadas da nosa cultura. Rafael QuintÃa, coordinador deste evento, apunta que "nos anos 70 e 80 perdéronse moitos entroidos tradicionais que aÃnda estaban vivos. A partir dos 2000 comezouse unha promoción mal feita de determinados Entroidos que están a se converter en auténticos espectáculos. Como reacción a iso está a se producir unha dinámica pola que se recuperan moitos entroidos desaparecidos pero que aÃnda lembra moita xente, reviven figuras que desapareceran en festas vivas, e mesmo aparecen de novas máscaras, na busca de que cada concello teña un elemento significativo do Entroido", como é o caso da Pita de Ourense ou das Gárgolas de Celanova. "Noutra liña, tamén está a se dar o movemento de moita xente por conseguir que se comece a valorar o Entroido pola súa importancia cultural. E aà é onde están a nacer xornadas, debates ou museos. Semella que comezamos a nos dar conta do que temos entre mans, que é algo moi serio e moi importante a nivel cultural que merece ser estudado e mantelo vivo".
A busca de conexións
Unha destas propostas é a Mascarada Ibérica, un encontro que desde 2015 reúne anualmente en Viana do Bolo e Vilariño de Conso representantes dos Entroidos máis tradicionais de todo o Estado. Segundo explica Jorge Minas, coordinador da iniciativa "unha das vantaxes que ten é que as máscaras se coñecen e as persoas falan entre elas. Asà explÃcanse similitudes ou poden verse erros que algunha xente comete cando recupera un Entroido que se esquecera". Ao seu ver, este contacto "sorprende a moita xente, que descobre a similitude entre máscaras de Ourense e as do resto de España e de Portugal. Todas teñen algo en común, non só que sexan festas dos Reis ou de Entroido senón que realmente fan as mesmas representacións". Desde o evento mantense un contacto continuo con outras celebracións de toda a PenÃnsula. "Temos un grupo no que hai xa representantes de 82 máscaras de todo o Estado". Para os participantes nesta iniciativa, que contan con encontros similares por diferentes lugares da PenÃnsula, "aÃnda que pensamos que cada unha destas representacións hai que vivila e entendela no seu propio contexto, cremos que podemos ir a varias diferentes e facer intercambios con entidades que fagan cousas semellantes. Isto dálle riqueza á festa e facilita tamén que veñan visitantes doutros lugares".
Elementos comúns
E é que da reivindicación da identidade local e diferenciadora de cada Entroido, estes foros inciden na existencia de elementos comúns a esta festa. Segundo explica Iván Prado desde o Museo do Entroido, "antes tiñamos unha especie de sentimento localista. É certo que o Entroido e as máscaras son elementos significativos dun colectivo, pero no seu momento ata habÃa ata separatismos, contraposicións e loitas sobre quen era mellor e peor. Hoxe iso está a se deixar de lado. Xa non hai esa necesidade dun sÃmbolo identificador, xa o temos. Unha vez que este signo está conformado no colectivo é a hora de coñecer as outras máscaras, tradicións e signos e ver, máis do que as diferenzas, as similitudes para conseguir sumar forzas". Ao seu ver "está cada vez máis claro que para conseguir calquera mellora cómpre a unión de pobos e de tradicións, achéganse máis cabezas pensantes para reflexionar conxuntamente". Do mesmo xeito, para QuintÃa "moitos dos colectivos que fan o Entroido e que se organizan estupendamente á marxe das administracións ven que un xeito de empoderar a festa é ir a outros lugares, darse a coñecer e colaborar".
Os recoñecementos culturais
Dentro das preocupacións comúns a boa parte dos entroidos tradicionais do paÃs, Jorge Minas incide nunha que comparten tamén moitos de fóra de Galicia. "Queremos que cada máscara conte coa súa propia declaración como Ben de Interese Cultural. Nesta liña a Deputación ouresá creou recentemente unha mesa de traballo, que comezará a traballar este mes de marzo, con colectivos da provincia de cara a procurar a declaración BIC para as diferentes máscaras. E é que a declaración que realizou o Ministerio de Cultura "integra manifestacións como o Entroido tradicional canda ao Carnaval de Canarias ou de Cádiz. E para nós son cousas diferentes. Non é o mesmo algo que ten raÃces seculares que unha festa acon desfile onde calquera se difraza. Eu sempre digo que a máscara non se disfraza, vÃstese. Cádiz ou Canarias poden merecer tamén ser Bens de Interese Cultural, pero separados de nós".
Segundo lembra Iván Prado "agora estamos practicamente todas as mascaradas a buscar o recoñecemento como Bens de Interese Cultural. Esta declaración, a diferenza da Festa de Interese TurÃstico, non busca incrementar o número de participantes", asegura. E sinala nese sentido a evolución dos entroidos de Laza, Xinzo e VerÃn, que se promocionaron no seu dÃa como Triángulo Máxico do Entroido ourensán. "Están a chegar a ter unha masificación importante, que nalgúns casos mesmo chega a ser conflitiva. O que queremos conseguir co BIC é erguer a figura do Entroido e conformala como unha parte da nosa tradición e dalgún xeito intrÃnseca á xente de Ourense, neste caso". En paralelo a este recoñecemento está a busca de artellar unha candidatura colectiva para conseguir o recoñecemento da UNESCO para os Entroidos tradicionais da PenÃnsula como patrimonio cultural inmaterial, unha proposta na que tamén traballará a mesa auspiciada pola Deputación.
O debate turÃstico
Canda a isto, outra cuestión sobre a que se está debater desde as Xornadas do Entroido ou no primeiro encontro que organizou o Museo de Xinzo o pasado 3 de febreiro, é a da masificación e turistificación da celebración. Deste xeito, QuintÃa explica que "unha das grandes preocupacións é a tendencia a facer disto un espectáculo visual onde a xente vai ver algo que non entende e non sabe como se comportar. Nisto tamén inflúen os medios de comunicación, que dan unha imaxe superficial do Entroido na que todo vale, cando hai un protocolo e unhas normas moi claras sobre o que se pode e o que non se pode facer". Para Prado, "ten difÃcil solución, e non sei se é necesario solucionar esta masificación. Unha festa é para gozar, e tamén se produce un retorno económico, déixalle cartos aos comercios locais. A masificación é un problema cando non respecta e todo as tradicións, menosprézaas dou desvirtúaas. Cómpre conseguir que a xente que veña sexa consciente que o que está a ver e no que está a participar é unha tradición moi arraigada na nosa cultura".
Os debates están abertos, mais semella claro que os Entroidos galegos van ir sendo cada vez máis conscientes do seu carácter cultural.