O Entroido galego xa é, con carácter provisorio, Ben de Interese Cultural. O Diario Oficial de Galicia deste 25 de xaneiro recolle a incoación da declaración desta festividade como BIC no seu carácter de manifestación do patrimonio inmaterial de Galicia. A Xunta dispón agora dun prazo de 24 meses para resolver de xeito definitivo o expediente, un perÃodo durante o cal a declaración estará en vigor de xeito preventivo.
O texto da incoación define este patrimonio como "unha festa tradicional de carácter cÃclico e participación espontánea que se celebra entre os meses de febreiro e marzo e coincide co perÃodo inmediatamente anterior á Coresma, polo que non ten datas fixas, en que conflúen rituais cristiáns e pagáns, e que axuda a fortalecer a construción da identidade persoal e local, a cohesión comunitaria e o sentimento de pertenza, a través dunha celebración ritual na cal a autoxestión segue a xogar un papel clave".
Datas e lugares
Canda a isto, a declaración destaca "o seu ánimo paródico dos usos e crenzas sociais e culturais dominantes, consonte co bo humor e a aceptación das bromas". Salienta tamén o texto a importante implantación desta festa, a lembrar que "é unha das principais festas que se celebran en Galicia" e que "un total de 191 dos 313 concellos galegos (61 %) escolle unha data vencellada ao Entroido como festivo local". Dentro dos elementos definitorios da festividade, o texto detalla o calendario de celebracións e as datas destacadas das mesmas, desde o DÃa do Petardazo ata o Domingo de Piñata, ademais de apuntar a importancia das máscaras na celebración sen detallar tipos nin carácter das mesmas.
O impacto
Na valoración cultural que xustifica este recoñecemento, o DOG recolle "a riqueza, diversidade, vixencia e recoñecemento comunitario de multitude de expresións singulares do Entroido galego como espectáculo, sociodrama e teatro", asà como "as abondosas funcións sociais, comunitarias e culturais que cumpre" e "o efecto positivo deste recoñecemento para consolidar os procesos sociais xa establecidos de salvagarda e transmisión". Apunta ademais que "a influencia e interese polo Entroido vai máis aló das comunidades, grupos e individuos interesados, e ten o seu reflexo nas artes e letras non só de Galicia, senón no plano nacional e internacional".
Medidas
Como medidas de salvagarda para este ben, a incoación fai referencia á necesidade do "arquivo e a sistematización dos documentos relacionados con este patrimonio cultural inmaterial para poder ter unha comprensión máis eficaz e completa del". Ademais apunta que "a súa difusión debe ser promovida, auspiciada e, na medida do posible, serÃa recomendable que se incorporara ao ensino tanto formal como non formal". Neste sentido "a documentación e recolla de testemuños, material audiovisual e a compilación doutros rexistros de interese deberÃan ser sistematizados e postos á disposición das persoas interesadas", polo que recomenda "elaborar un repositorio do Entroido galego cunha relación de elementos patrimoniais asociados". O texto destaca, no entanto que "toda acción e iniciativa cultural vencellada á salvagarda deste patrimonio debe ser debatida e aceptada polas comunidades creadoras e portadoras das manifestacións".