Os Museos Científicos reúnen os seus contidos dixitais nun web

O e-Museo achega guías, monografías, interactivos, videos e outros contidos

14/6/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: ciencia
19 lecturas | Compartido 0 veces
Presentado como o cuarto centro da Rede de Museos Científicos da Coruña o web e-Museo concentra os contidos destes espazos na rede. Deste xeito, o novo portal destes organismos amosa os webs de exposicións como O asombro de Mr. Darwin ou Homínidos e homínidas. Ademais, poden atoparse monografías, vídeos, conferencias en audio e interactivos como a liña do tempo sobre a evolución da SIDA. O proxecto permite tamén que os propios lectores suban os seus videos sobre ciencia ao web, e inclúe un blog, a Wikiteca Mc2 que achega información sobre a actualidade científica.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas