Divulgar a ciencia a desenvolver contidos para os máis novos. O proxecto Kaleidolabs, que desenvolveu o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo pon na rede unha serie de vÃdeos que amosan como a creatividade e as artes resultan bos acompañantes para a divulgación cientÃfica.
TÃteres, debuxos, filmacións de imaxe real, música orixinal, textosÂ… As máis diversas técnicas poden atoparse nos vÃdeos de Kaleidolabs, a iniciativa de divulgación cientÃfica que desenvolveu ao longo deste ano o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (IIM) e cuxo resultado pode verse agora Ãntegro na rede. Os vÃdeos están dedicados a cadansúa temática especÃfica, sempre vencellada ao mundo do mar. AsÃ, os traballos en oceanografÃa, os problemas da conservación do cabaliño do mar, a ecoloxÃa dos cefalópodos, a xestión de pesqueiras, o cultivo de mexillón, as patoloxÃas en acuicultura, a microbioloxÃa e mais a tecnoloxÃa de alimentos de orixe mariño contan con cadansúa produción monográfica. E todas elas orientadas para escolares de Infantil e Primaria
Demandas de divulgación
Segundo explica Eva Balsa, coordinadora desta iniciativa, Kaleidolabs “xorde da necesidade. Nas actividades de divulgación que realizamos deste o instituto en centros de ensino comprobamos que habÃa moi pouco material para Infantil e Primaria”, unhas idades para as que, nos últimos anos, está a medrar a demanda de contidos cientÃficos. “Entón pensamos en elaborar nós eses materiais, empregando elementos próximos a eles que os enganchen e que lles faga ver a ciencia dun xeito atractivo”. Canda a isto, tamén procuraron “ rachar o estereotipo de cientÃfico que teñen os nenos, que normalmente é un home excéntrico cun aspecto moi concreto que se dedica a facer bombas ou algo semellante”.
Mestura de elementos
A compañÃa Babaluva puxo os tÃteres, que representan investigadores a traballar pero que tamén se empregan para amosar paisaxes, animais e mesmo moléculas e organismos microscópicos, en auténticos alardes de creatividade. Tamén se empregan imaxes reais e representacións teatrais que buscan explicar sen palabras e de xeito accesible e entretido procesos complexos. O proxecto conta tamén con ilustracións de Manuel UhÃa para a presentación e cunha banda sonora orixinal desenvolvida por MartÃn Pérez, ademais dunha montaxe de Noel Berbetouros. No entanto, os vÃdeos, malia ao seu potencial didáctico, non son máis do que a parte final do proceso.
Creación colaborativa
A propia elaboración dos contidos que se presentan nos mesmo supuxo unha aposta pola dinamización da ciencia entre os máis novos, atendendo tamén a persoas con discapacidades. “A buscar colaboradores, vimos que o CPI de Panxón tiña o seu proxecto anual dedicado ao mar. Entón presentámoslle esta iniciativa e decidiron incorporala no seu programa”, explica Balsa. “Realmente invadimos o centro durante dúas semanas e alÃ, cos propios alumnos de primaria, construÃronse os tÃteres e os escenarios e graváronse as representacións”. Canda a isto, boa parte dos debuxos que se poden ver agora na rede foron elaborados por alumnos de dez centros educativos, maioritariamente da comarca de Vigo. “Aproveitamos as actividades de divulgación nas que participa persoal do centro para lles pedir aos nenos debuxos que, por unha banda, empregamos nos audiovisuais, e pola outra permitÃronnos ver como percibÃan as actividades”, sinala a coordinadora do proxecto.
Outros públicos
Para alén de escolares, membros da Asociación de Familias con Parálise Cerebral tamén se integraron na iniciativa. “É un público que non recibe habitualmente actividades de divulgación, e quixemos facelos partÃcipes. Teñen experiencia en traballar con téxtiles ou cartón pedra, entón tentamos conectar con iso”. Varios obradoiros no Museo do Mar achegaron a setenta persoas contidos interactivos que tocar e probar. “A partir desa experiencia elaboraron moitos dos colaxes e elementos que aparecen no audiovisual”. O proceso rematou coa gravación de escenas de laboratorio e do medio natural que se integraron co resto de elementos ata dar nos oito audiovisuais que agora están dispoñibles en liña.
Xerar contidos
Asà pois, unha das grandes peculiaridades do proxecto non é só a creación de contidos sobre ciencia adaptados para persoas novas, senón o transformalos á súa vez en xeradores de contidos para o proxecto. Segundo explicaba na presentación do proxecto LuÃsa MartÃnez Lorenzo, responsable da Unidade de Cultura CientÃfica do CSIC en Galicia, a iniciativa “implica diversos colectivos, algúns moi afastados da ciencia, que se converten en receptores, e á vez, en canles transmisores de contidos cientÃficos”.
Aproveitar os recursos
Para alén de divulgar os vÃdeos en diferentes plataformas, os responsables da iniciativa traballan actualmente en ampliar as posibilidades didácticas dos mesmos. “Estamos en contacto co Aquarium Finisterrae da Coruña, que está a proxectar de maneira continua este material. Andamos a traballar en material de apoio que permita que estes mesmos vÃdeos respondan aos diferentes intereses dos nenos. Os máis pequenos fican encantados coas imaxes, pero os que xa son algo maiores demandan máis información. Entón estamos a ver como se pode aproveitar isto”, adianta Balsa.