Os Museos Científicos presentan a súa primeira exposición virtual

O asombro de Mr. Darwin achega contidos interactivos, documentos e videos

| Santiago. Redacción | Seccións: CienciaExposicións
Compartir:
Os Museos Científicos presentan a súa primeira exposición virtual

Con ocasión do 202 anos do nacemento de Darwin, os Museos Científicos Coruñeses presentaron a súa primeira exposición virtual. O asombro de Darwin é unha proposta que achega á web contidos multimedia, con videos e gráficos interactivos sobre a evolución e a viaxe científica na que o biólogo desenvolveu a súa teoría, entre moitos outros contidos. O proxecto está vencellado á exposición homónima que se pode ver na Casa das Ciencias e oferta un percorrido virtual pola mesma, pero ademais permite acceder a videos como que agora presentamos aquí, no que persoas da rúa opinan sobre a evolución.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Museos Científicos Coruñeses

Claves

Conceptos