Neste 2009 cúmprense 200 anos do nacemento de Charles Darwin. Ademais, tamén se conmemora o 150 aniversario da publicación da súa obra máis popular A orixe das especies. Dúas datas que a Universidade de Santiago celebrará co lema Darwin e a evolución baixo o que se agrupan conferencias, mesas redondas, un ciclo de cine e música, a edición de dous volumes e unha exposición interactiva. Con esta última proposta, ademais de dar a coñecer a figura do cientÃfico, o que se pretende é afondar na incidencia do pensamento evolutivo en Galicia.
Programa de actividades da USC para o Ano Darwin.