Idoia de Luxán presenta unha BD sobre Darwin

O Centro de Estudos Eurorrexionais edita Coñecía Darwin a serpe das sete cabezas?

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de Coñecía Darwin a serpe de 7 cabezas?

Capa de Coñecía Darwin a serpe de 7 cabezas?

Esta mesma tarde preséntase Coñecía Darwin a serpe das sete cabezas?, a nova banda deseñada da debuxante Idoia de Luján. A Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais publicou esta obra, que aborda como unha científica se enfronta á lenda da existencia de serpes de sete cabezas en Galicia. A aproveitar esta trama, a BD aborda o papel de Darwin e das súas teorías a coincidir co ano que conmemora o traballo deste científico. A obra presentarase o día 16 na Facultade de Bioloxía de Santiago, o 18 na de Ciencias de Ourense e o 20 no reitorado da Universidade da Coruña.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Universidade da Coruña, Ourense

Claves

Conceptos
Lugares