Diferentes actividades conmemoran o Ano Darwin en Galicia

O Museo do Mar acolle unha réplica do barco no que Darwin escribiu o seu libro máis famoso

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
Cartel do que os Museos Científicos Coruñeses celebraron o dia Darwin

Cartel do que os Museos Científicos Coruñeses celebraron o dia Darwin

A orixe das especies, o libro co que Darwin revolucionou hai anos as ciencias naturais, cumpriu onte 150 anos. Unha festividade que Galicia acolleu con actividades de todos os tipos. A Consellaría de Cultura, xunto coa do Mar, celebráronno en Vigo coa apertura da exposición Navegando no Beagle, que inclúe unha réplica do barco(o Beagle) no que Charles Darwin deu a volta o mundo e no que escribiu gran parte do seu famoso libro. Na Coruña, os museos científicos celebráronno con teatro: coa estrea da obra “Encontro no xardín”. A Universidade de Santiago fixo a súa achega coa obra “O darwminismo en Galicia” que valora a influencia do científico inglés no pensamento galego.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Teatro, Vigo, A Coruña

Claves

Conceptos
Lugares