Unha mostra sobre Darwin protagonizará o verán dos Museos Científicos

No Aquarium Finisterrae pode verse un resumo da exploración submariña

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:

Os Museos Científicos Coruñeses adiantan os seus proxectos para 2009. Para comezar, o Aquarium Finisterrae abría onte a mostra Mare Oceanum na que se explica, mediante unha serie de paneis, a evolución da exploración submariña. A partir do 28 de xaneiro, poderá visitarse na Casa das Ciencias o remozado Planetario, e para o verán este mesmo edificio acollerá unha das grandes mostras do ano. A partir de xuño, neste espazo amosarase a vida de Darwin e o seu traballo sobre a evolución das especies. Para rematar, a Domus dedicará o vindeiro outono outra exposición ao traballo de científicos galegos.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Museos Científicos Coruñeses, Domus

Claves

Conceptos