A antiga interventora do Concello de Burela, Mónica Iglesias, tomaba onte posesión do seu novo cargo de directora da Rede de Museos CientÃficos coruñeses. Iglesias foi seleccionada polo Concello logo de que quedase deserto un concurso de méritos para o posto. Entre os seus primeiros retos está a renovación de espazos expositivos na Domus, e mais atopar unha nova empresa que se encargue da xestión biolóxica no Acuario Finisterrae, logo de que se rescindise o contrato coa anterior. Ademais, deberá resolver a convocatoria dos tradicionais premios Prisma de divulgación cientÃfica, que abrÃa o pasado 31 de agosto.
O nomeamento de Iglesias fora contestado polo BNG desde a oposición municipal ao considerar que carece dun perfil axeitado polo posto. Ademais, MarÃa Xosé Bravo, voceira do grupo, sinalou que a demora no nomeamento provocou a parálise de iniciativas coma a Mostra de Ciencia e Cinema, que non se celebrou este ano.