Os Museos Científicos fallan os Premios Prisma

Margarita Salas fíxose co Premio Especial do Xurado

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

A XXIV Edición dos Premios Prisma de Divulgación Científica, que entregan cada ano os Museos Científicos Coruñeses, xa teñen gañadores. No apartado de divulgación audiovisual levouno o documental En busca del primer europeo, de Televisión Española e Turkana Films, mentres en artigos xornalísticos o gañador foi Javier Fresán Leal polo texto Perelman no estuvo allí. En canto a web, o xurado recoñeceu o Museo Virtual sobre a Xenética e o ADN que se pode consultar en oliba.uoc.edu/adn, e fixo unha mención honorífica ao web vexetaciondegalicia.es. Finalmente, o premio especial do xurado foi para a bioquímica Margarita Salas.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, ADN, Documental, Museos Científicos Coruñeses