Celébranse o III Día da Ciencia en Galego e a Semana da Ciencia

Os Museos Científicos da Coruña fallan os Premios Prisma de divulgación

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
Imaxe do Galiciencia 2012

Imaxe do Galiciencia 2012

A divulgación científica chega con forza á axenda de actualidade. Por unha banda, centros educativos e colectivos de todo o país participan da terceira edición do Día da Ciencia en Galego, que concentra na xeira de hoxe o groso das súas actividades. Presentacións como a do Manual de Galego Científico, de Carlos Garrido e Carles Riera o vindeiro día sete enmárcanse tamén nesta celebración. De xeito paralelo, os Museos Científicos coruñeses fixeron públicos os gañadores dos Premios Prismas de divulgación deste ano. O audiovisual Escépticos ¿Fuimos a la Luna?, o web Naukas ou un premio especial a Ramón Núñez foron algunhas das propostas incluídas no palmarés.

De xeito paralelo, ao longo de todo o mes, diferentes iniciativas galegas participarán da Semana da Ciencia que coordina a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía. Entre elas atópase a nova edición da feira Galiciencia, que se celebrará en Ourense entre o 21 e o 23 deste mes.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Museos, Ramón Núñez, Museos Científicos Coruñeses...

Claves

Protagonistas
Lugares