Comeza a Semana da Ciencia en Galicia

Actividades de divulgación encherán a axenda de actividades

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

Un ano máis, todo tipo de institucións, especialmente museos e centros de ensino, celebran estes días a IX Semana da Ciencia. Desta volta, a maior parte das actividades articúlanse arredor do Ano Europeo da Creatividade e da Innovación; o Ano Darwin e o Ano Internacional da Astronomía. Deste xeito ata o vindeiro día catorce de novembro, os Museos Científicos Coruñeses contarán cunha programación especial, que inclúe a estrea do filme en 3D SOS Planet. Tamén na Universidade de Vigo teñen un completo programa de iniciativas, e ata unha vintena de entidades desenvolverán actividades por todo o país, segundo anunciou a Xunta.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Museos, Museos Científicos Coruñeses, Universidade de Vigo...