Centros de investigación, de ensino, universidades ou museos preparan as súas galas para celebrar a Semana da Ciencia de 2011. Deste xeito, desde a delegación galega do Centro Superior de Investigacións CientÃficas desenvólvese desde hoxe e ata finais deste mes toda unha serie de actividades integradas nesta celebración, inclúindo certames de debuxo e fotografÃa centrados nas árbores, o seminario Fondos documentais para a historia de Galicia en Compostela, un Cinefórum no Museo do Mar de Vigo ou os obradoiros cientÃficos Biodiversión en diferentes centros de ensino do paÃs. Pola súa banda, os Museos CientÃficos Coruñeses terán entrada de balde ata o vindeiro 13 de novembro.
Do mesmo xeito, celebrarase a entrega dos premios Prisma de divulgación e abrirase unha exposición sobre os achados de Atapuerca. Tamén o proxecto Voz Natura desenvolve, nos diferentes centros de ensino que participan nel, actividades de divulgación con ocasión desta data. O Observatorio Ramón MarÃa Aller, da Universidade de Santiago tamén desenvolverá visitas guiadas e outras actividades didácticas.