A química protagoniza o Día da Ciencia en Galego

A segunda edición desta xornada celébrase en centros de ensino de todo o país

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

Por segundo ano consecutivo chega ás aulas do país o Día da Ciencia en Galego. A coincidir coa declaración de 2011 como Ano da Química pola UNESCO, os coordinadores do evento acordaron centrar a xornada de hoxe nesta disciplina nos centros de ensino do país, homenaxeando tamén ás mulleres científicas e de xeito especial a Marie Curie e á matemática galega María Wonenburger. As asociacións de profesores de Matemáticas, Ciencias e Tecnoloxía propoñen toda unha serie de actividades para traballar arredor destes eixes e múltiplos colexios e institutos anunciaron a súa adhesión ao proxecto baixo o lema "O dereito a gozar da ciencia en galego".

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Ensino, Asociacións, Mulleres...

Claves

Entidades
Lugares