A Xornada de Ciencia en Galego reivindica a nosa lingua nas aulas

Os centros de ensino celebran múltiples actividades de celebración

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

Construír un papaventos é unha das actividades que a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística lles propón aos centros de ensino para conmemorar a Xornada da Ciencia en Galego. Con este día, quérese reivindicar a validez da nosa lingua para a ciencia, logo de que o decreto para o plurilingüismo establecese que clases como matemáticas ou física deben impartirse en castelán. A iniciativa recebeu xa o apoio das asociacións de profesores de ciencias, matemáticas e tecnoloxía, así como de diferentes centros de ensino. Entre outras actividades, o Departamento de Físicas da USC organizarán unha videoconferencia con científicos galegos que traballan no CERN, en Xenebra.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Ensino, Tecnoloxía, Asociacións...