O Día da Ciencia en Galego abre as actividades do Mes da Ciencia

CSIC, universidades ou Equipos de Normalización desenvolven propostas arredor desta data

4/11/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: ciencia
16 lecturas | Compartido 0 veces
Unha videoconferencia do neurocientífico Xurxo Mariño centra hoxe, a partir das 12:30 horas, a celebración do VI Día da Ciencia en Galego. A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística coordina esta iniciativa, na que participa un cento de centros de ensino por todo o país. A proposta verase acompañada ao longo do día por outras iniciativas como un acto institucional no Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago, que dedica a xornada aos científicos galegos Carlos Gómez-Reino Carnota e Isidro Parga Pondal. Boa parte das actividades que se desenvolverán en vindeiras datas teñen como protagonista a Xeoloxía a coincidir coa celebración do ano do Solo. Deste xeito, exposicións ou rutas xeolóxicas son outras das actividades que desenvolverá a Universidade a coincidir coa efeméride. Pola súa banda, o Centro Superior de Investigacións Científicas en Galicia comeza o vindeiro sábado 7 as actividades do mes da ciencia, que tamén chegarán ás bibliotecas públicas do país.

Universo culturagalega.gal