Nace a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística

Arredor dun cento de persoas participaron na xuntanza fundacional

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O Instituto Galego da Información, en Compostela, acolleu este sábado o encontro no que se creou a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. O novo organismo pretende establecer dinámicas de colaboración entre equipos de centros públicos e privados de todo o país, compartindo experiencias no campo da difusión do noso idioma. Arredor dun centro de responsables destes grupo asisitiron a esta xuntanza. Como unha das primeiras medidas, a Coordinadora pronunciarase proximamente encol da anunciada derrogación do Decreto de Galeguización do Ensino.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Santiago de Compostela