Os Equipos de Normalización avogan por proxectar o seu traballo fóra dos centros escolares

Valentina Formoso recunca como coordinadora da CGENDL

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL)celebrou o pasado sábado a súa III Asemblea Xeral no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela. Na mesma reelixiouse a Valentina Formoso como coordinadora da entidade, que reúne grupos centrados na promoción de galego nos centros de ensino de todo o país. A coordinadora reelecta sinalou que de cara aos vindeiros dous anos os desafío deste colectivo é "dar un salto cara a proxectar o noso labor fóra dos límites dos centros do ensino neste momento de regresión do uso da lingua nos propios centros".

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Santiago de Compostela