Un dos colectivos que máis activos se amosaron nos últimos anos a prol da lingua no ámbito escolar, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización LingüÃstica, desaparece. Asà o votou a última asemblea desta entidade, celebrada o pasado 23 de setembro, logo de non atopar remuda para actual directiva. A propia CGENDL sinala nun comunicado publicado no seu web que "a partir deste momento non haberá unha coordinación tal e como se tentou facer ao longo destes anos", e chama "a continuar traballando, xunto con todo o profesorado que o fai acotÃo, no seo dos respectivos Equipos de Normalización e Dinamización LingüÃstica e en colaboración co resto de equipos de cada unha das comarcas a través das Coordinadoras Comarcais existentes ou que aÃnda se poden crear". A Coordinadora manterá en liña o seu espazo na rede, con todo o material publicado no mesmo, ata decembro de 2017.
A CGENDL foi a responsable de iniciativas como o DÃa da Ciencia en Galego, o proxecto Lingua Viva ou o Premio Leixaprén, ademais de desenvolver campañas como Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego ou Presume de Galego. Desde o seu nacemento en 2009 publicou revistas e abondoso material para o traballo sobre lingua no ámbito escolar e denunciou publicamente a situación do noso idioma. O seu traballo foi recoñecido en 2015 co Premio da Cultura Galega na categorÃa de lingua, que a entidade rexeitou en protesta pola polÃtica sobre o galego do Goberno da Xunta.