O Consello da Cultura Galega disporá en 2026 dun orzamento de 3.337.636 euros, un 1,34% máis que en 2025. Así se coñeceu onte na Comisión Terceira de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento, onde a Presidenta do CCG, Rosario Álvarez, rendiu contas das actividades da institución en 2025 e avanzou as liñas de programación de 2026. Álvarez destacou que no 2026 "se prestará especial atención en 2026 aos medios de comunicación en galego, en conmemoración do 150 aniversario de O Tío Marcos da Portela, accións vencelladas á defensa da lingua, da cultura e dos dereitos sociais, en consonancia coa figura homenaxeada co Día das Letras Galegas, Begoña Caamaño". A presidenta do CCG tamén destacou que "se afondará no patrimonio natural e na paisaxe, ámbitos intimamente ligados á visión e ao legado de Ramón Otero Pedrayo, coincidindo co 50 aniversario do seu pasamento". No 2025 Álvarez detallou que "o CCG realizará 105 actividades, 13 publicacións, 35 informes e porá en rede máis de 100 fondos documentais relativos ás súas áreas de traballo".






